O Concello licita por 203.000 euros os seus plans de conciliación para as vacacións escolares de verán, Nadal e Semana Santa

O Concello de Culleredo saca a licitación por 203.346 euros os programas de conciliación para os períodos vacacionais de verán, Nadal, e Semana Santa 2025. Trátase de servizos de actividades lúdico-pedagóxicas para menores de 3 a 12 anos; así como os complementos de almorzo, en horario de 7:30 a 9:00 horas e a comida, en horario de 14:00 a 16:00 horas.

O obxectivo do goberno local é ofrecer unha alternativa educativa para a conciliación da vida familiar e laboral nas datas de máxima necesidade dos servizos. Son un total de 650 prazas as incluídas como mínimo neste contrato, incrementando as da anterior convocatoria, en mostra do interese que ten o servizo para os veciños.

O contrato estrutúrase en dous lotes: por unha banda, os campamentos de verán deste ano e por outro os de Nadal e primavera do vindeiro curso. Os campamentos urbanos de verán comprenderán do 25 de xuño ao 30 de agosto. En Nadal e Semana Santa inclúense todos os días laborables non lectivos.

Cabe destacar que ambos os servizos consistirán en campamentos urbanos programados cronoloxicamente ao detalle en canto ás actividades que se desenvolverán, por instalación e por período adaptadas á idade das usuarias e usuarios. Todos os eventos estarán relacionados coa temática para celebrar presentada pola empresa adxudicataria, e deberán ser lúdicas e educativas.

A súa dinámica debe contribuír, ademais, ao desenvolvemento das habilidades sociais básicas dos participantes, nun ambiente de respecto, tolerancia e paz. Realizarase un descanso de media hora nas actividades a media mañá, para os usuarios que merienden, sendo obrigatorio a vixilancia e atención vixiada dos participantes tamén neste horario.

No que respecta a as saídas, só poderase dedicar unha mañá enteira a unha única actividade cando se trate de excursións. O resto das xornadas, realizaranse actividades variadas e organizadas por períodos de tempo de entre unha ou dúas horas como máximo, podendo acabar a actividade, de ser o caso, en días posteriores.

O CEIP Vila de Rutis, CEIP Sofía Casanova e o polideportivo municipal serán os lugares que acollerán estes programas de conciliación. O tipo de actividade irá desde a promoción artística, predeportivas ou fomento dos estilos de vida saudable, así como talleres de reciclaxe, ecoloxía e cambio climático.

Para a adxudicación do servizo valorarase a proposta de proxecto técnico e organizativo que eleve cada empresa licitadora, ademais do factor prezo. O prazo de presentación de ofertas está aberto ata o vindeiro 2 de maio.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina