Este venres, a partir das 20:30 horas, chega Redrum Teatro a Culleredo, concretamente ao Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples, coa súa obra ‘O pequeno poni’. Esta actividade pertence ao catálogo da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
O acceso será gratuíto, previa reserva, que se poderá realizar desde hoxe, luns 22 de abril, de 18:00 a 21:00 horas no 981 66 55 97 ou de maneira presencial no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, tamén nese horario.
Baseada nun feito real, ‘O pequeno poni’ é unha obra sobre o acoso escolar que sofre un neno de dez anos que acode a clase cunha mochila baseada na súa serie animada preferida. Está dirixida a público adulto, interpretada por Laura Míguez e Guillermo Cabrajo e dirixida por Álex Sampayo sobre texto do prestixioso dramaturgo Paco Bezerra.
Un traballo que versa sobre aceptar a diferenza do teu propio fillo. Que expón cuestións sobre se o mundo é un lugar habitable para as persoas diferentes, se as escolas son un lugar seguro para as nenas e nenos que son diferentes ou se o seu propio fogar é un lugar seguro para alguén distinto á maioría.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER