O Concello continúa co programa de formación en arbitraxe co colexiado Diego Seoane

O Concello dá continuidade ao programa de formación en arbitraxe para a mocidade co colexiado Diego Seoane, que pita en Preferente a nivel autonómico. A Administración local e o Comité Técnico Gallego de Árbitros de Fútbol xa iniciaran en febreiro de 2023 o proxecto pioneiro para promover esta vertente do deporte entre o alumnado do IES Blanco Amor de Culleredo, que tivo continuidade esta mañá no propio centro. Sumarase nesta edición o Rego de Trabe.

Unha trintena de escolares puideron así entrar en materia, equipados xa con tarxetas, chifre e vestiario profesional, que se lles regalou antes de comezar a sesión, para posteriormente traballar sobre o terreo.

Esta Escola de Arbitraxe, de mans do Comité Técnico, inclúe a arbitraxe dos mozos e mozas na propia liga escolar. Esta iniciativa non se realizou nunca en España. Con esta proposta búscase animar á rapazada, que verán o seu labor reflectido en partidos cos seus propios compañeiros.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina