Sacristán estima que a participación das asociacións veciñais na decisión do capítulo de investimentos de 2008 superará o 40%

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, inaugurou o novo complexo deportivo e de ocio en Sésamo, un complexo situado nos terreos do antigo campo de fútbol que conta cunha superficie de 9.156 m2 con campo de festa, un campo de fútbol 7, unha pista de frontenis, unha pista polideportiva descuberta para a práctica de baloncesto, fútbol sala ou balonmán, vestiarios e servizos e unha área de aparcadoiro.
As instalacións completaranse agora cun parque infantil e outro de mantemento para a terceira idade.

O primeiro edil explicou que a idea do goberno local é reconvertir os campos de fútbol do municipio en lugares como este de Sésamo, é dicir, en infraestruturas deportivas dirixidas a maiores e a xente nova. Neste sentido explicou que o Concello xestionará os campos do Burgo e Olímpico de Rutis, os dous de herba artificial (o primeiro a punto de finalizar, o segundo en proxecto) que serán os que utilicen todos os equipos de fútbol do municipio. Os cinco campos restantes serán adaptados para outros fins deportivos e de ocio. O primeiro deles será o de Orro onde o Concello construirá un circuito de mountain bike.

Coincidindo coa inauguración das instalacións, o primeiro edil indicou que a construción do complexo foi unha petición da veciñanza de Sésamo, dentro da participación que o Concello dá ás asociacións de veciños nos orzamentos municipais. Precisamente, este mes comezaron as conversas do alcalde coas distintas entidades veciñais para escoitar as súas porpostas a incluír no capítulo de investimentos e que estes analicen tamén as obras que pretende realizar o Concello en cada parroquia ou núcleo. Trátase de chegar aun acordo entre ambas as partes sobre a necesidade dos distintos núcleos ou zonas e programar as actuacións que sexan necesarias.

A porcentaxe mínima de participación ou decisión das asociacións nos orzamentos é dun 10%. Non obstante, tras as primeiras reunións que se mantiveron entre goberno local e as entidades veciñais, o alcalde anunciou qe a participación poderá chegar a máis do 40%. Ata o de agora as reunións celebráronse nas asociacións de Castelo, Sésamo, Vilaboa, O Burgo, Orro e Ledoño. Nos próximos días a rolda de entrevistas finalizará coa veciñanza da Veiga, Corveira e Sueiro.

Sacristán indicou que as asociacións son conscientes dos cartos que existen para o capítulo de investimentos e que a partida é limitada para atender as peticións. Non obstante, inténtase chegar a un consenso entre as dúas partes para incluír as prioridades e que os proxectos se convirtan en realidade. O alcalde anunciou algunhas obras de saneamento, abastecemento, pavimentación viaria e dotación de iluminación pública que xa foran pactadas coas asociacións, especialmente, as da zona rural e que serán incluídos nos orzamentos do 2008. Na zona urbana destacou, entre outras, a construción dunha nova pasarela peonil sobre a vía do ferrocarril na zona do Burgo.

Sobre a asociación O Noso Burgo manifestou que aínda que o Concello presentou unha serie de actuacións, agora a asociación celebrará unha asemblea para determinar aquelas obras que consideran necesarias, xa que durante a reunión non propuxeron ningún proxecto.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina