O programa 'Perros y letras' de READ España, financiado polo Ministerio de Cultura do Goberno de España e o Concello de Culleredo, cumpre 4 anos nos centros públicos do municipio, curso no que tamén se desenvolveu coas persoas usuarias do Centro Ocupacional Municipal ‘A Escada’.
O alcalde, José Ramón Rioboo, e a primeira tenente de alcalde e concelleira de Educación, Cristina Pardo, visitaron esta mañá o CEIP Plurilingüe Vila de Rutis, un dos colexios onde se está desenvolvendo a actividade. Tamén participaron nesta edición o CEIP Isaac Díaz Pardo, CEIP Plurilingüe de Tarrío, CEIP Plurilingüe Ría do Burgo e o CEIP Plurilingüe Sofía Casanova. A última sesión será o 30 de maio. En total, participaron 114 escolares e 12 persoas usuarias do COM 'A Escada'.
Alí puideron conversar con Laura González, a coordinadora do programa na provincia da Coruña; a directora do centro, Eladia Cabanas; Manuel Lage, orientador do Vila de Rutis e Bárbara Bonachía, educadora canina. Acompañoulles Dana, a bóxer que forma o equipo do programa xunto á cadeliña Nala.
O obxectivo principal é axudar tanto a pequenas e pequenos escolares do municipio como a persoas con discapacidade intelectual a estimular as habilidades lectoras e melloras a nivel social.
Elíxense para isto cans de terapia porque son moi tranquilos, capaces de estar todo o tempo ao seu lado e pendentes de toda persoa que le xunto a eles e elas. Todos os animais deste programa pasan un exame cada dous anos para comprobar que a súa tolerancia ao estrés sexa alta e poder así continuar coa súa actividade.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER