O programa "Perros y letras” de READ España, financiado polo Ministerio de Cultura do Goberno de España e o Concello de Culleredo, dixo adeus ao curso por segundo ano consecutivo no que se desenvolveu con persoas usuarias do Centro Ocupacional Municipal ‘A Escada’.
O alcalde, José Ramón Rioboo; a primeira tenente de alcalde e concelleira de Educación, Cristina Pardo; a concelleira de Cohesión Social, Marta Figueroa e a coordinadora do programa na Coruña, Laura González, entregaron os diplomas que acreditan a realización desta actividade na Biblioteca Municipal Miguel González Garcés do Burgo, onde se desenvolveu ao longo do ano.
Alí acompañoulles a cadeliña Nala, unha das dúas que participan no programa en Culleredo. Lembramos que o obxectivo principal é axudar a persoas con discapacidade intelectual a estimular as habilidades lectoras e melloras a nivel social.
Elíxense para isto cans de terapia porque son moi tranquilos, capaces de estar todo o tempo ao seu lado e pendentes de toda persoa que le xunto a eles e elas. Todos os animais deste programa pasan un exame cada dous anos para comprobar que a súa tolerancia ao estrés sexa alta e poder así continuar coa súa actividade. Tamén se valora positivamente o vínculo que lle une ao seu guía.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER