O alcalde declara a emerxencia sanitaria polo ERTE da empresa de limpeza e un servizo extraordinario actuará xa nos colexios e unitarias

O Concello de Culleredo executará con carácter inmediato un servizo de limpeza extraordinaria nos colexios de educación infantil e primaria e nas escolas unitarias ante o ERTE que iniciou o luns a empresa concesionaria. Esta medida foi informada hoxe polo goberno municipal ás direccións dos centros e aos representantes da ANPA para que coñezan de primeira man os pasos que se están levando a cabo desde a Administración.

A primeira tenente de alcalde e edila de Educación, Cristina Pardo, e a concelleira de Contratación, Marta Iglesias, explicaron os pormenores da situación e a solución adoptada para que os centros escolares, puntos máis sensibles pola carencia do servizo ordinario, se vexan o menos afectado posible.

O Concello adopta este servizo extraordinario dado que a contratación da empresa de urxencia, que funcionará xa de forma fixa ata a adxudicación do novo contrato ordinario, actualmente en fase final de licitación, require unha tramitación administrativa cos seus correspondentes prazos.

O obxectivo é que os CEIP e o CRA estean en condicións de limpeza de inmediato. Esta limpeza realizarase esta mesma fin de semana coa meta de que o luns se desenvolva a actividade en óptimas condicións de hixiene. A empresa encargada, co apoio e supervisión da Policía Local, percorrerá os diferentes centros para levar a cabo con celeridade estes traballos extraordinarios.

Declaración de emerxencia sanitaria

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, declarou hoxe a emerxencia sanitaria no municipio ante este ERTE ao 100% de persoal da empresa Jardincelas nos seus servizos de limpeza de edificios municipais e limpeza viaria. Baséase na necesidade de garantir a salubridade e hixiene nas dependencias e rúas ante a diminución que se supuxo o cesamento do servizo desde o pasado luns.

Esta medida do alcalde permitirá a contratación de urxencia doutra empresa en tanto non se comece a prestación cos novos contratos ordinarios nos que avanza o Concello. Con esta declaración, estímase que nos próximos días efectuarase o mencionado contrato de urxencia. O persoal será subrogado. O ERTE afecta, no caso de limpeza de edificios, a 21 traballadores e no caso de limpeza viaria a 14.

A declaración de emerxencia sanitaria realízase en base á Lei de Bases do Réxime Local, que faculta ao alcalde para adoptar ante estas situacións as medidas precisas e adecuadas, podendo contratar os servizos indispensables.

Novos contratos ordinarios

No caso do servizo de limpeza de edificios, a licitación está aberta, con recepción de ofertas atao día 3 de xuño. Abarcará as dependencias municipais e colexios públicos por unha contía de 1.043.818,68 euros ao ano durante dous anos.

No caso de limpeza viaria, o Concello xa dispón dos pregos de prescricións técnicas e está a ultimar os pregos administrativos para levalos a aprobación plenaria.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina