O Concello de Culleredo, a través da Área de Xuventude, organizou por segundo ano consecutivo un programa de formación en arbitraxe, que conduciu o colexiado Diego Seoane, de Preferente Autonómica. A Administración local e o Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol xa iniciaran en febreiro de 2023 un proxecto pioneiro para promover esta vertente do deporte entre a mocidade do municipio.
Con motivo da finalización do mesmo, esta mañá tivo lugar o acto de entrega de diplomas acreditativos, no que participaron a primeira tenente de alcalde e concelleira de Educación, Cristina Pardo; o propio colexiado, Diego Seoane; e varias profesoras e profesores do IES Rego de Trabe que colaboraron no desenvolvemento da actividade. Este venres, farase o propio cos e coas estudantes do outro centro participante, o IES Eduardo Blanco Amor.
Esta Escola de Arbitraxe, de mans do Comité Técnico, inclúe a arbitraxe dos mozos e mozas na propia liga escolar. Esta iniciativa nunca se realizou en España. Con esta proposta, búscase dotar ás rapazas e rapaces de ferramentas para obter máis posibilidades de cara a unha futura saída laboral, ademais de servir de escola de valores e de promover valores como o respecto e a deportividade.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER