Convocatoria de oferta pública de 7 prazas baleiras para a súa cobertura no Centro Ocupacional Municipal “A Escada”

CULLEREDO
Benestar social
 
A concelleira de cohesión social, recursos humanos e réxime interior, con data de 23 de maio de 2024, resolveu:
 
PRIMEIRO: Convocar a oferta pública de 7 prazas baleiras para a súa cobertura no Centro Ocupacional Municipal “A Escada”, destinadas a persoas con discapacidade intelectual, empadroadas no concello de Culleredo. Período formativo 2024-2025.
 
Os requisitos, a documentación requirida, os formatos, criterios e a puntuación aplicables para este acceso, así coma os prazos para solicitar as prazas e reclamar sobre a adxudicación, serán os especificados no BOP nº 156 de 17 de agosto de 2023 onde se publican as "Bases reguladoras de acceso ás prazas baleiras do Centro ocupacional municipal A Escada".
 
Aos efectos de confidencialidade e da aplicación da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de “Protección de datos de carácter personal y garantía de los derechos digitales” (LOPDGDD) que fixa as regras sobre o uso de datos persoais identificativos das persoas interesadas nas publicacións sobre actos administrativos, para a consulta de información cando se publique ou difunda por calquera medio dos indicados, utilizarase como “código Id” (identificación individual do expediente de solicitude) as iniciais en maiúscula dos seus apelidos, seguido da inicial do seu nome en minúscula tras unha coma, seguido dos tres últimos díxitos e a letra do DNI da persoa solicitante, precedidos de dous asteriscos. (Ex.:M.N.,a**547P).
 
A Comisión técnica de Valoración das solicitudes admitidas estará formada por:
 
  • Presidencia: A xefa de cección de Servizos sociais específicos, Mª Luisa Rodríguez Don. Suplente: a xefa de sección de Servizos sociais básicos, Sandra García Uzal.
  • Responsable técnica do C.O.M. A Escada, Mª Pilar Vilar Martínez.Suplente: Jesús López Agra, pedagogo de Benestar social.
  • Traballadora social da área de Benestar social: Dolores Parada Yáñez. Suplente: unha traballadora social pola seguinte orde de incorporación: Ana Fernández Villaverde, Noelia Marta Gantes ou Ángela Varela Suárez.
  • Administrativa ou auxiliar administrativa: Belén Monroy García. Suplente a auxiliar administrativa pola seguinte orde de incorporación: Mª Carmen Campos Malatchaverria, Gloria Mateos Aguirre.
SEGUNDO: Dar orde de publicar a convocatoria nos taboleiros municipais, na páxina web do Concello e no Boletín Oficial da Provincia.
 
O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria de prazas baleiras no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña.
 
Culleredo, 4 de xuño de 2024.
A concelleira delegada da área de cohesión social, recursos humanos e réxime interior.
PD (Res. núm. 1260/23 do 04/07/2023; BOP núm. 131 do 11/07/2023).
 
Asdo/ Marta Mª Figueroa Fuentes
 
 

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina