O Concello de Culleredo clausurou esta tarde unha nova edición do ‘Cullerchef’, o programa de cociña saudable para nenos e nenas de 6 a 12 anos. A concelleira de Cultura, Penélope López, entregoulle ás pequenas e pequenos os diplomas que acreditan o completar a actividade.
A actividade desenvolveuse durante 11 sesións no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo todos os martes desde o pasado 9 de abril.
O ‘Cullerchef’ naceu no ano 2018 cun obxectivo claro: achegarlles ferramentas aos máis pequenos e pequenas para aprender a cociñar dunha maneira sa, axudándolles a diferenciar que produtos son os de mellor achega nutricional, á vez que se divirten elaborando as súas creacións.
Durante o confinamento, a Administración local quixo darlle continuidade a través de vídeos explicativos dunha receita semanal.
Nesta edición, puideron elaborar pratos tan variados como hamburguesas de peixe, galletas de avea ou mini ‘pizzas’. Traballaron con produtos naturais, como os dátiles ou o azucre de coco, e recibiron visitas de produtores locais como Devalo, EcoTerra, Ben Senta ou A Castrexa.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER