Culleredo acolle este xoves os concertos da xira Los 40 Summer Live, con varios artistas invitados

O Concello de Culleredo acolle este xoves, 8 de agosto, os concertos da xira Los 40 Summer Live 2024, cun cartel de renome formado por artistas como Charlie USG, Pol Granch, DePol, La Beba, Noan, Walls, Almancor, Polo Nández, Hilario, Adexe & Nau, Cesar AC, Lemot e J Francis. O evento realizarase a partir das 21:00 horas na chaira do paseo marítimo do Burgo e terá entrada de balde, polo que non será preciso facer ningún tipo de reserva.
 
Con motivo deste concerto haberá un dispositivo especial de seguridade. Do mesmo xeito, cortarase ao tráfico a avenida Juan Carlos I xunto á chaira. O obxectivo é protexer aos peóns nos accesos ao concerto.
 
A cita en Culleredo poñerá o punto e final á xira  Los 40 Summer Live 2024, que durante o último mes levou a moitos dos artistas máis recoñecidos do panorama pop nacional a máis de 20 localidades de toda España, sendo o concello coruñés o encargado de despedir a presente edición do evento.
 
Desde o Concello convídase os asistentes a gozar dunha xornada única na que se poderá desfrutar da mellor música e dun ambiente festivo, á vez que se insta a gozar do evento con responsabilidade, sen alcol ao volante e seguindo en todo momento as indicacións dos efectivos de seguridade e dos organizadores do concerto.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina