O Concello de Culleredo informa de que os prazos para realizar a preinscrición e matrícula no programa municipal da Coral de Adultos do Conservatorio Municipal de Música serán os seguintes:
PRAZO DE PREINSCRICIÓN:do venres 6 de setembro do 2024 ao xoves 26 de setembro de 2024.
Realizarase mediante impreso específico para o Conservatorio Municipal de Música de Culleredo que se presentará no Rexistro Municipal e que se facilitará no Edificio Municipal de Servizos Múltiples e na Casa do Concello.
Nesta actividade hai un número limitado de prazas que será de 45 que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.
PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS DE PREINSCRICIÓN:
Venres 27 de setembro do 2024 no Edificio Municipal de Servizos Múltiples do Burgo, no Conservatorio Municipal e na páxina web do Concello.
PUBLICACIÓN DAS LISTAS DE ADMISIÓN PARA MATRICULARSE :
Luns 30 de setembro de 2024 no Edificio Municipal de Servizos Múltiples do Burgo, no Conservatorio Municipal e na páxina web do Concello.
PRAZO DE FORMALIZACIÓN DA MATRICULA (confirmación e/ou renuncias as plazas adxudicadas)
Do luns 7 de outubro ao venres 11 de outubro de 2024. A matrícula será gratuita.
PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS de PERSOAS MATRICULADAS.
O luns 14 de outubro de 2024.
No Edificio Municipal de Servizos Múltiples do Burgo, no Conservatorio Municipal e na páxina web do Concello.
En todos os casos na adxudicacion de plazas teran prioridade as persoas empadroadas en Culleredo.
A actividade Coral de Adultos do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo está dirixida exclusivamente para maiores de 18 anos e se desenvolverá nas instalacións do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo os luns e xoves de 10:30 a 12:00 h
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER