AENA acepta a proposta do Concello de ideas sobre proxectos que minimicen o impacto visual dos mástiles do sistema ILS

AENA acepta a proposta do Concello para convocar un concurso de ideas sobre proxectos que minimicen o impacto visual dos mastros do sistema ILS  

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, mantivo unha reunión en Madrid co presidente de AENA, Manuel Azuaga Moreno, para analizar distintas actuacións de colaboración así como distintos aspectos relacionados co aeroporto de Alvedro. Entre os temas tratados destaca:

-Posta en marcha do sistema ILS: O presidente explicoulle ao primeiro edil que o sistema entrará en funcionamento por fases, unha vez que conclúan os traballos de calibrado. Así, a categoría I comezará a funcionar antes de fin de ano, o que permitirá aterraxes cunha visibilidade mínima comprendida entre os 549 e 732 metros e un mínimo de teito de nubes de 61 metros. Para principios de ano entrará en funcionamento a categoría II que permitirá operacións en visibilidade case cero. Comezará o seu funcionamento en xaneiro. Posteriormente funcionará en categoría III.
-Obras aparcadoiro de aeronaves: Durante a reunión analizáronse as obras de construción do aparcadoirode aeronaves. Para poder executar o proyecto, as obras do cal xa están en marcha, AENA chegou a acordo co 99% das persoas propietarias afectadas, realizando tan só unha expropiación.
-Adxudicación obras do aparcadoiro subterráneo: O presidente e o alcalde acordaron que nos próximos días se manteña unha reunión entre o Concello e responsables do aeroporto para analizar o proxecto e o proceso das obras co fin de causar os menores problemas ás persoas usuarias de Alvedro. Estudarase a creación dunha liña de autobús entre A Coruña e o aeroporto así como a xeración de espazos que funcionen como aparcadoiro alternativo durante as obras.
-Concurso de ideas para reducir impacto dos mastros do sistema ILS: O Concello propúxolle a AENA a busca de alternativas para conseguir un menor impacto visual do sistema ILS. Neste sentido, acordaron convocar un concurso de ideas para escoller un proxecto que evite o impacto visual que producen os mastros que sustentan os sinais luminosos do sistema ILS.
-Adquisición dun terreo de 8.200 m2 para construción do polideportivo de Almeiras: Outro dos asuntos que se acordaron nesta reunión foi a adquisición por parte do Concello dun terreo de máis de 8.000 m2 en Almeiras, propiedade de AENA, no que se construirá o polideportivo cuberto deste núcleo. A parcela fora cedida ao Concello por espazo de 50 anos. Tras a cesión, o Concello podía exercer a opción de compra en tres anos, algo que se fai agora ao chegar a un acordo con AENA sobre o prezo da compra. O primeiro edil destacou que o acordo que se alcanzou é moi satisfactorio para o Concello e aludiu, neste sentido, á boa disposición por parte dos responsables de AENA.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina