O próximo día 24 de novembro a partir das 11:00h disputarase o "1º Gran premio Concello de Culleredo" pertencente a copa de España de ciclocross. O mesmo discurrirá no Parque Deportivo de Acea de Ama, pertencente a Fundación Deporte Galego.
O Trofeo Concello de Culleredo de Cyclo-cross, esta organizado polo Club Ciclista Cambre - Frisonoble e corresponderá a terceira das probas que compoñen a Copa de España da modalidade.
Con tal motivo, o pasado venres realizouse a presentación do evento no salón de plenos da casa consistorial. O acto de presentación, estivo presidido polo alcalde de Culleredo, D. Xullo Sacristán que acompañaron a delegada provincial da Conselleria de Cultura e Deporte, Da. Milagres Lantes, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, D. Sabino Cortizo, do presidente do Club Ciclista Cambre, D. Antonio Carrodeguas, o xerente do conxunto Karpin Galicia, D. Rodrigo Costas e dos dirixentes de Frisonoble e Coca Cola, empresas que colaboran na organización da competición, Santiago Dávila e Mara Sande respectivamente
Todos coincidiron en destaca-la importancia que ten este evento para o deporte en xeral e do ciclismo en particular no concello de Culleredo.
Esperase que a participación chegue a supera-los 200 corredores entre tódalas categorías.
Durante o acto o clube ciclista de cambre realizou unha presentación virtual do percorrido, que agora podes ver por internet gracias a nosa televisión interactiva. Pulsa no seguinte enlace para visualizala:
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER