PROGRAMAS PARTICIPATIVOS
Por mor dun convenio asinado entre a Deputación provincial da Coruña e a escola Presto Vivace, o alumnado dos centros escolares de Culleredo van a poder gozar de tres concertos didácticos.
O primeiro concerto celebrouse o día 12 de decembro no Salón de actos do Conservatorio profesional de música, participaron os 170 nenos e nenas de 6 anos dos colexios de Tarrío, Sofía Casanova, I. Díaz Pardo e Ría do Burgo.
A temática do concerto foi Os instrumentos de corda. A duración do mesmo foi dunha hora ( de 12:00 a 13:00) e tivo carácter interactivo: todos /as os/as asistentes participaron activamente no concerto.
Os outros dous concertos que se desenvolverán no mes de xaneiro e no de febreiro, participarán, respectivamente, o alumnado de 3º e primaria e o de 5º de primaria.
O departamento de educación intenta, ao longo do curso, ofertar aos centros escolares actividades culturais como teatro, música, exposicións etc. que son axeitadas ás idades do alumnado, e que favorecen unha formación integral dos nenos e nenas de Culleredo como parte do seu compromiso por mellorar a calidade da educación e contribuir a fomentar a participación no mundo cultural do entorno.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER