O Concello pon en funcionamento o primeiro parque biosaudable dunha rede de oito equipamentos de similares características que se instalarán en prazas e parques de todas as parroquias.
Co fin de promocionar a actividade e o exercicio físico das persoas adultas, Culleredo inaugura un parque biosaudable no recinto do Pazo de Villa Melania.
O parque consta dun circuíto de fisioterapia con once aparatos de uso sinxelo para exercitar e rehabilitar distintas zonas corporais e musculares. As veciñas e veciños poderán utilizalos ao aire libre, sen as datas nin os horarios que impoñen outras instalacións e que ás veces condicionan a práctica deportiva.
O Concello, desde a Concellería de Sanidade, manexa datos de estudos dos que se deduce que un 43% das mortes prematuras, son producidas pola falta dun estilo de vida saudable, e que unha das variables máis importantes que provoca esa situación é o exceso de sedentarismo e a non práctica regular dunha actividade física. Consciente deste feito, o municipio prepara un paquete de medidas para a promoción de estilos de vida saudables que fomentará a alimentación sana e equilibrada, o non consumo de tabaco e substancias tóxicas, o control do estrés e a práctica de exercicio físico. Inténtase con todo isto inverter a tendencia en aumento de enfermidades prevalentes que provocan patoloxías crónicas, situacións de dependencia ou mortes prematuras que se poderían evitar con medidas preventivas.
Culleredo disporá dun servizo de asesoramento para a utilización destas instalacións, servizo no que colaboran activamente as concellarías de Sanidade e Deportes.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER