Ábrese o prazo de inscrición das escolas de nais e pais
Un ano máis dende a Concellaría de Educación, Sanidade e Formación séguese apostando pola formación das familias coas Escolas de Nais e Pais.
Entre os obxectivos das Escolas de Nais destacamos:
- Orientar e formar ás nais e pais do concello.
- Concienciar da responsabilidade da educación.
- Reflexionar sobre aspectos relacionados coa educación.
- Facer prevención de posibles problemáticas.
CALENDARIZACIÓN E HORARIOS.
As Escolas de Nais e Pais desenvolvense dende o mes de febreiro ata o mes de maio. Este ano 2008 comezarán en febreiro con catro grupos:
- Luns de 17:00- 18:30 Conservatorio Profesional de Música.
- Mércores de 17:30-19:00 no CEIP Tarrío.
- Xoves de 17:45 a 19:00 EIM A Tartaruga.
- Venres de 10:00 a 11:30 Conservatorio Profesional de Música
Se non houbese a demanda suficiente, podería formarse outro grupo en calquera centro.
Os grupos poden formarse independentemente do centro escolar onde acudan os fillos e fillas das e dos interesados, e decir, non é necesario que os nenos e nenas estén escolarizados nun centro para ter que acudir a ese grupo de escola de nais e pais.
As Escolas de Nais e Pais contan cun servizo, en todos os grupos (excepto o de mañán), de atención aos nenos e nenas para aquelas familias que non teñen con quen deixar ás súas fillas e fillos mentres duran as sesións.
Con este servizo preténdese cubrir unha necesidade das familias, ao tempo que os nenos e nenas dun xeito lúdico e participativo realizan actividades nas que se fomentarán valores de igualdade, tolerancia e convivencia complementando así o traballo realizado coa súas familias durante as sesións das escolas.
METODOLOXÍA E FUNCIONAMENTO.
Cada persoa interesada escolle a escola de nais e pais en función da ubicación e do horario que se axeite as súas necesidades, podendo este variar se a demanda é maior e xustificada.
Unha vez que os participantes están adscritos á escola elexida, deberán adquirir o compromiso de asistencia durante todo o curso, co fin de consolidar e manter o grupo como tal.
Para formar un grupo é necesario un mínimo de 8 persoas, sendo o máximo de 15 participantes por grupo.
A metodoloxía que se emprega polo tanto, pretende ser participativa e integradora, a través de:
- Técnicas de comunicación.
- Exposición teórica.
- Análise e debate de temas concretos.
- Posta en común e elaboración de conclusións.
CUSTO DA ACTIVIDADE.
As escolas de nais e pais teñen un custo de 17,02 € por curso completo e 11,34 € por bloques de contido
PARA MÁIS INFORMACIÓN:
Departamento Municipal de Educación.
R/ Andrés Pan Vieiro nº 30.
Teléfono: 981661208 / Fax: 981654644
Correo electrónico: educacion@culleredo.org
No arquivo que se achega podedes consultar a programación da escola de nais e pais
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
Temas das escolas de nais e pais.doc | 31 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER