Festa de Nadal no Centro Cívico Virxinia Blanco de Fonteculler

Data : 
21/12/2018 - 17:00 - 19:00

O venres 21 de decembro terá lugar a Festa de Nadal no Centro Cívico Virxinia Blanco de Fonteculler. Haberá un concerto de panxoliñas a cargo da agrupación Voces Veteranas de Culleredo, e baile amenizado polo Dúo Compás.

Proxección do documental `O desafío do Sil´

Data : 
18/12/2018 - 19:30 - 20:30

O martes 18 de decembro, o auditorio de Servizos Múltiples acollerá a proxección do documental `O desafío do Sil´.

Culleredo e Cruz Vermella organizan unha recollida solidaria de xoguetes

O Concello de Culleredo e a Cruz Vermella organizan unha campaña solidaria de recollida de xoguetes.

Quinta edición da Papanoelada motera no Burgo

O 15 de decembro, a explanada multiusos do Burgo acollerá a quinta edición da Papanoelada motera, que dará comezo ás 16:30 horas. 

Papanoelada motera

Data : 
15/12/2018 - 16:30 - 19:00

O sábado 15 de decembro, a explanada multiusos do Burgo acollerá a Papanoelada Motera, na súa quinta edición. O evento comezará ás 16:30 horas, e rematará ás 19:00 horas cunha chocolatada. 

Presentación do libro `Haikiños de luces y sombras´

Data : 
21/12/2018 - 20:00 - 21:30

O venres 21 de decembro, terá lugar a presentación do libro de poesía  `Haikiños de luces y sombras´, da ilustradora e poeta coruñesa María Miguez. Será na Rectoral de Celas ás 20:00 horas.

Concerto didáctico de piano e frauta

Data : 
14/12/2018 - 19:30 - 20:30

O venres 14 de decembro, o Conservatorio de Música acollerá o concerto didáctico de piano e frauta, a cargo das alumnas e alumnos do profesor Vicente Castro e a profesora Paloma Catalá.

Obra de teatro `Os fabulosos cleaners´

Data : 
14/12/2018 - 19:30 - 20:30

O venres 14 de decembro, no edificio de Servizos Múltiples do Burgo, a compañía de teatro Malasombra daralle vida á obra `Os fabulosos cleaners´. Pódense recoller as invitacións desde unha hora antes do comezo da función.

Concerto didáctico e `Cullercontro´

Data : 
13/12/2018 - 17:00 - 20:30

O xoves 13 de decembro terán lugar, no salón de actos do Conservatorio de Música, dúas actividades. Ás 17:00 horas haberá un concerto didáctico de piano, a cargo dos alumnos e alumnas de Susana Polo. Ás 19:30 horas, o Cullercontro con Eulogio Albalat, catedrático de guitarra do Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Obradoiro de cociña saudable

Data : 
13/12/2018 - 17:00 - 20:30

O xoves 13 de decembro terá lugar o obradoiro de cociña saudable, para nenas e nenos de 7 a 12 anos, e en dúas quendas. De 17:00 a 18:30 horas, e de 19:00 a 20:30 horas. 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina