Os requisitos impostos desde Autoestradas demoraron a contratación da remodelación do campo de fútbol de Rutis, para a que o Concello dedica 765.000 euros. Acometidos os axustes, prevese licitar a obra de forma inminente.
O Concello de Culleredo alertou á Xunta de Galicia dun grave problema de seguridade viaria na estrada autonómica AC-211, ao seu paso por Fonteculler e Acea de Ama.O goberno municipal iniciou xestións para solicitar que se non os arranxa a Xunta de urxencia, que autorice ao Concello a reparalos.
O polideportivo do Burgo acolle este domingo, 13 de xullo, un partido benéfico en favor de Iago, un neno con parálise cerebral. O partido enfrontará aos Veteranos do Deportivo co Ardebullo F.C. O Concello de Culleredo colabora coa organización do evento.
O ambiente clown chega a Vilaboa en paralelo ás súas festas patronais. O Concello de Culleredo e a comisión de festas organizan o Mercado Clown no pazo de Vila Melania, para ofrecer un espazo de diversión familiar que complemente aos festexos de Vilaboa. Estará instalado desde as 17.00 horas do venres 11 nos xardíns de Vila Melania.
O Concello de Culleredo organiza un obradoiro de fotografía dixital no verán. A iniciativa contará dunha modalidade en nivel de iniciación e doutra en nivel de perfecionamento, de cara a responder as necesidades dun rango maior de veciños. Os talleres terán lugar de 21 de xullo ao 4 de agosto no centro municipal de formación Pablo Picasso.
O salón de plenos do Concello de Culleredo foi o escenario do solemne acto de incorporación de 11 novos voluntarios a Protección Civil. Son 11 mozos veciños que deciden dedicar parte do seu tempo libre a colaborar coas forzas de seguridade no apoio e protección do cidadán.
Onde está o mago Antón? Esa é a pregunta que tratarán de responder os nenos e nenas participantes no espectáculo de maxia que o Concello de Culleredo organiza o vindeiro sábado, 12 de xullo, no Burgo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER