O Concello de Culleredo informa de que o sorteo público para a adxudicación das prazas da campaña de esquí,organizada pola Deputación da Coruña, terá lugar o luns 29 de decembro.
O Concello de Culleredo abre a exposición pública da ordenanza de transparencia, acceso á información e reutilización, que foi aprobada polo pasado pleno da corporación.
O Concello de Culleredo acaba de poñer en marcha a iluminación especial do Nadal. O obxectivo da mesma é crear un ambiente festivo que dinamice o concello desde o punto de vista comercial, hosteleiro e turístico.
O Concello de Culleredo publica a programación infantil na Biblioteca municipal para o mes de decembro. Contacontos, contos en inglés ou obredoiros conforman a oferta.
O goberno de Culleredo deseña unha potente programación do Nadal para impulsar o comercio local. O groso da campaña desenvolverase nas dúas semanas propias do Nadal, con talleres de diversa clase e animación comercial.
O Concello de Culleredo e Adicae Galicia proseguen co seu traballo conxunto para dar a coñecer aos veciños os seus dereitos como consumidores. Nesta ocasión organizan unha xornada para abordar un aspecto que sempre xera incerteza entre a cidadanía: as compras por teléfono e internet.
A Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Culleredo, convoca a súa campaña de esquí para 2015. A actividade terá lugar en Manzaneda, do 13 ao 15 de febreiro.
A Xunta de Goberno Local que terá lugar o día 1 de decembro de 2014 ás 13.00 horas tratará en acto público na sala de Comisións da Casa Consistorial a determinación do prezo na opción de compra dun vehículo de emerxencias.
O Concello de Culleredo participará na III Andaina pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero, que organiza o Consorcio As Mariñas. Será este ano en Betanzos, o 22 de novembro, ás 10.00 horas. O Concello pon autobuses gratis para acudir.
O Concello de Culleredo aposta de novo por proporcionar aos veciños unha alternativa de lecer infantil durante as vacacións escolares de Nadal. O Burgo acollerá un campamento urbano do 22 de decembro ao 7 de xaneiro, fóra de fins de semana, festivos e 24 e 31, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER