Concertos Didácticos da Coral e do Grupo Instrumental de Persoas Maiores de Culleredo

O Luns 15 e o Xoves 18 de Decembro, a Coral e o Grupo instrumental de persoas maiores de Culleredo, ofrecen uns concertos didácticos ao alumnado de 5 anos dos colexios do concello no Salón de actos do Conservatorio profesional de música de Culleredo, no que interpretarán diversas pezas tradicionais do Nadal como son vilancicos e panxoliñas.

Participarán un total de 280 alumnos e alumnas de 5 anos acompañados/as polo seu profesorado do CRA de Culleredo, CEIP Tarrío, CEIP Sofía Casanova, CEIP Ría do Burgo, CEIP Díaz Pardo e o CPR A Ponte Pasaxe.

Aparte de gozar da música en directo, con este tipo de actuacións preténdese revitalizar tradicións propias da nosa cultura e fomentar o gusto pola música desde idades moi temperás.

O programa é o seguinte:

-CORAL
Xesús naceu(E. De Cegoñal)
Marcheime a Belén ( popular)
El tamborilero
Llega el día ( música de Verdi)
Que canten los niños (J.L.Perales)

-GRUPO
Hacia Belén ( popular infantil)
Toca o pandeiro Manuel( popular)
Los peces en el río
Nadais e reis vellos de Xanceda.

Actuacións Solidarias

O mércores día 17, o Grupo instrumental de persoas maiores de Culleredo participará nunha actividade organizada pola Residencia Xerontolóxica "Os Magnolios" para dinamizar coa música de Nadal aos residentes deste centro.

Festa de Nadal

Asi mesmo, o día 19 colaborarán, como en edicións anteriores, coa Festa de Nadal organizada polo Concello de Culleredo no Centro social, cultural e recreativo de Rutis-Vilaboa.
A actuación será a partires das 17:30.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina