Culleredo celebra o “XIII Encontro de Corais”

O sábado 25 de abril, Culleredo celebrará o XIII Encontro de corais. Esta iniciativa organizada pola Concellaría de Educación, vense desenvolvendo todos os meses de abril desde hai xa 13 anos e pretende servir de encontro de distintas corais galegas para intercambiar e compartir as aprendizaxes que adquiriron os alumnos e alumnas ao longo de todo o ano, así como de espazo de divertimento.

O acto terá lugar ás 18:30 horas no salón de actos "Gustav Mahler" do Conservatorio Profesional de Música e é aberto a todo o público.

Este ano contarase coa participación da "Coral de maiores de Bergondo" dirixida por José Luis Galán Ferro, "Coral polifónica San Martín" de Meirás, Sada,dirixida por Manuel Deus Lareo, a Coral " Estrelas do mar" de Cedeira, baixo a batuta de Antonio Suárez Aneiros e a "Coral e grupo instrumental de Culleredo", baixo a dirección de Guadalupe Teuntor.

Interpretarán diversas pezas da musicoloxía popular e tradicional galega así como outras de diferentes autores españois e latinoamericanos.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina