Culleredo continúa ofertando apoios ás familias na súa tarefa de conciliar

A Concellaría de Educación de Culleredo ten aberto o prazo de matrícula para os meses de xullo e agosto, para inscribirse nas actividades do Programa Ponte a punto: programa de apertura de centros escolares públicos en horario non lectivo, que vai dirixido ao alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria, así como a 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria. 

As actividades que contempla o programa son as siguientes: “RefórzaT”, consistente nun apoio e reforzo dos aprendizaxes escolares, “ConciénciaT”, con accións potenciadoras da ensinanza das ciencias e as matemáticas con metodoloxías divertidas, e “Estudo con TecniK”, conxunto de ferramientas que axudan a mellorar o rendimento e facilitan o proceso de memorización e estudo. 

Durante o periodo estival a actividade desenvolverase no edificio do Conservatorio Profesional de Música. O programa vai dirixido a todo o alumnado empadronado en Culleredo, incluído o dos colexios concertados radicados no municipio.

O prazo de matrícula permanecerá aberto ata a cobertura de prazas e ésta formalizarase no departamento municipal de educación situado no edificio do Conservatorio profesional de música, na planta menos 1.

Con esta nova iniciativa, financiada en parte pola Consellería de Educación, o concello  pretende fomentar o éxito escolar mellorando o rendimento do alumnado de Culleredo, e desta maneira contribuir a previr o fracaso escolar.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina