Culleredo celebra o Día Escolar pola Non Violencia co programa radiofónico “Ondas de paz”

A radio converterase o vindeiro luns nun medio educativo para os escolares de Culleredo. O Concello celebrará o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia abrindo as instalacións da emisora municipal a 98 alumnos de 4º de Educación Primaria dos colexios Isaac Díaz Pardo, no Burgo, e de Tarrío.

Os pequenos converteranse en  locutores e guionistas do programa denominado “Ondas de Paz”, que se poderá escoitar de 12.30 a 13.00 horas no 101.20 da Frecuencia Modulada. Dos 98 alumnos, serán 22 os que participen directo desde a emisora municipal, coa colaboración da dirección e persoal de Radio Culleredo.

O programa radiofónico terá dúas partes diferenciadas: un noticiario e unha tertulia. Noticias, declaracións, lecturas literarias e debates sobre o significado do termo Paz en sentido amplo serán o contido deste programa nun acto simbólico de amizade dos escolares de Culleredo con toda a poboación.

Palabras como cooperación, democracia, solidariedade, convivencia, igualdade, participación, responsabilidade, non_violencia, xustiza....serán enviadas a través das ondas, para unirse ás voces de milleiros de persoas que claman á vez por un mundo en PAZ neste día, no que se recorda a Gandhi, ideólogo da non violencia, no 64 aniversario da súa morte.

A concelleira de Educación, Carmen Varela, destaca que con esta acción os alumnos sentiranse “protagonistas coa gran responsabilidade de enviar unha mensaxe pola paz”. A través das ondas, engade, os pequenos poderán asumir o seu papel ante un gran número de veciños de Culleredo e da comarca.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina