Case 400 nenos e nenas gozan xa dos campamentos urbanos do Concello de Culleredo. Esta iniciativa pensada para favorecer a conciliación das familias do municipio, cumpre este ano a súa edición XVII.
Os campamentos comezaron o 27 de xuño con dous grupos: o de infantil no CEIP Isaac Díaz Pardo e o de primaria no CEIP Sofía Casanova. O Concello de Culleredo ampliou este ano as súas prazas para estes campamentos urbanos co obxectivo de que accedesen a eles todos os empadroados que o solicitaron.
"Fixemos un maior esforzo porque sabemos que é unha actividade moi necesaria no verán para as familias", apunta a concelleira de Educación, Carmen Varela.
A oferta municipal, dirixida a nenos de entre 3 e 12 anos, inclúe campamentos de distinta duración. Así, hai dúas quendas de cinco semanas, dúas de tres, e dúas quendas de dúas semanas, ata o 2 de setembro. As actividades desenvólvense de luns a venres, excepto festivos, en horario normal de 9.00 a 14.00 horas ou de 9.00 a 15.30 horas para os pequenos que optaron ao servizo de comedor.
A edila asegura que os campamentos urbanos logran ano tras ano un maior interese entre os veciños ao tratarse de actividades lúdicas e pedagóxicas cuxo obxectivo é fomentar a convivencia a través de xogos, talleres, excursións e dinámicas grupais, nos valores de cooperación, respecto, igualdade, corresponsabilidade, tolerancia e apoio mutuo serán a tónica predominante.