Sanidade

Doazón de sangue o venres 30 de decembro en Vilaboa

logo centroO autobús do Centro de Transfusión de Galicia emprazarase de 16.00 a 21.00 horas a carón da Caixa Galicia de Vilaboa o próximo venres 30 de decembro. O Concello anima aos veciños a colaborar na doazón ante as baixas reservas rexistradas.

Charla sobre lactación materna

 
O Concello de Culleredo organiza unha xornada pensada para as mulleres embarazadas. Versará sobre a lactación materna e o obxectivo consiste en resolver todas aquelas dúbidas que poidan xurdir sobre o asunto.

O Concello resolverá dúbidas sobre a lactación materna

cartelDentro do seu programa de Sanidade, o Concello de Culleredo organiza unha charla dirixida a mulleres embarazadas para resolver dúbidas acerca da lactación materna. Terá lugar no Burgo o xoves 15 de decembro.

Culleredo celebra o Día Mundial da Loita contra a SIDA cun amplo despregue informativo

stand“Frear a transmisión do VIH é cousa nosa” foi o lema escollido polo Concello de Culleredo con motivo do Día Mundial da loita contra a SIDA. O goberno local lanzou unha campaña divulgativa co obxecto de sensibilizar á poboación sobre o VIH para dunha banda sensibilizar á poboación xuvenil sobre as prácticas de risco, e doutra banda informar á cidadanía sobre a posibilidade da realización de probas de detección rápida de VIH en saliva.

O Concello de Culleredo anima aos veciños a colaborar nas campañas de doazón de sangue

doazónO goberno local de Culleredo quere pontenciar a contribución cidadá nas doazóns de sangue. A primeira tenente de alcalde, Raquel Jabares, e a concelleira de Sanidade, Rocío Sampedro, puxeron o seu grao de area na unidade de transfusións que pasou polo Burgo.

Doa sangue no Burgo

 

O autobús do Centro de Transfusións de Galiza estará o mércores 2 de novembro no Burgo, na Praza Europa, de 10:00 horas ás 14:00 horas e de 16:00 horas ás 21:00 horas.  

Desde o Concello de Culleredo lémbrase a necesidade de doar e que en termos xerais poden doar sangue as persoas:

Culleredo impulsa un seminario sobre trastornos de conduta en idade escolar

logoOs trastornos de déficit de atención e hiperactividade serán obxecto dun novo seminario organizado polo Concello de Culleredo e a entidade ANHIDACORUÑA. Terá lugar o venres 30 de setembro ás 19.00 horas no Conservatorio de Música de Culleredo.

O Concello ofrece servizos de atención aos veciños con Alzheimer

Con motivo da celebración do Día Mundial do Alzheimer, as nacionalistas Raquel Jabares e Rocío Sampedro, primeira tenente de alcalde e concelleira de Sanidade, queren manifestar a solidariedade coas persoas e familias que padecen esta problemática.

Día Mundial do Linfoma en Culleredo

O Concello de Culleredoe e AEAL, Asociación Española de Afectados por Linfoma, Mieloma y Leucemia, celebran o Día Mundial do Linfoma cunha serie de actos no municipio o xoves 15 de setembro.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina