Culleredo celebra o sábado 17 de maio a súa Feira de Artesanía con máis de 60 postos e varias actuacións

O Concello de Culleredo organiza este sábado, 17 de maio, a súa tradicional Feira de Artesanía, coincidindo co Día das Letras Galegas. Terá lugar na praza Europa do Burgo en horario de 11:00 a 20:00 horas.
 

Desconvocado o pleno ordinario do 29 de abril ao non poder cumprir os prazos legais por mor do apagamento

O Concello de Culleredo desconvoca a sesión ordinaria do pleno da corporación prevista para o martes 29 de abril ao non cumprirse os prazos legais de disposición da documentación tras a interrupción da subministración eléctrica.

 

O alcalde de Culleredo destaca o exemplo da veciñanza e dos efectivos de seguridade ante o apagamento

O Concello puxo en marcha un operativo especial aos poucos minutos de producirse o apagamento para garantir a atención á cidadanía

Distribuir contido

Protocolo prevención do acoso laboral

Resolución membros comisión para atención ao acoso laboral

Corte de tráfico na rúa San Xiao (Almeiras) por mor das obras de formigonado do 8 ao 19 de maio

O Concello de Culleredo informa dun corte de tráfico no tramo provincial da rúa San Xiao, en Almeiras, debido aos traballos de formigonado que levarán a cabo na zona. Estas obras enmárcanse dentro das actuacións iniciadas na citada rúa o pasado mes de abril pola Deputación da Coruña, baixo a premisa de mellorar a seguridade viaria na estrada DP-3108, unha vía que desempeña un papel fundamental como ligazón para numerosas vivendas.
 
 

Conservatorio: información sobre as probas e acceso para o curso 2025/2026

O Concello de Culleredo publica a información sobre as probas e acceso para o curso 2025/2026 a todos os cursos de grao elemental e grao profesional do Conservatorio Profesional de Música. Pódese consultar tamén a oferta de vacantes para o vindeiro curso.

Proceso selectivo posto xefa/e do servizo de RRHH por libre designación

11.04.2025/ 11.19 h. Anuncio BOP Convocatoria e bases reguladoras do posto de xefa/e de servizo de Recursos Humanos, por libre designación.

Entrega gratuíta de composteiros en Culleredo

O Concello de Culleredo acollerá unha nova xornada formativa sobre compostaxe doméstica, acompañada da entrega gratuíta de composteiros e material complementario. O evento terá lugar o vindeiro 1 de abril, ás 19:30 horas, no Local Social O Noso Lar, e busca fomentar a xestión sostible dos biorresiduos entre a veciñanza.

Cortes de tráfico polo Rally A Coruña 2025

O Concello de Culleredo informa dos cortes de tráfico que será preciso efectuar polo paso do Rallye A Coruña, que ten lugar os días 21 e 22 de marzo.

O Concello anuncia a proposta provisional de concesións - exclusións de solicitudes de subvencións municipais destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro do termo municipal de Culleredo 2024

Publicada na sede electrónica municipal o resumo do contido da proposta provisional de concesións-exclusións de solicitudes de subvencións municipais destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro do termo municipal de Culleredo 2024, Liñas 1-2-3 e 4, convocatoria publicada no BOP núm. 228, do 26 de novembro do 2024, BDNS: 79832.

Proceso selectivo de mestre/a da especialidade de operacións básicas de restaurante-bar

- 05/03/2025/12:55.Anuncio convocatoria e bases concurso oposición posto mestres-as módulos formativos

- 13/03/2025/15:20.Resolución da lista provisional de admitidos/as e excluídos/as

- 19/03/2025/12:23.Resolución da lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, nomeamento do tribunal e convocatoria para as probas selectivas

- 21/03/2025/12.04.Anuncio número 1 da Comisión de Avaliación

Distribuir contido

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina