Os pequenos cullerdenses aprender a lavarse correctamente as mans. Trátase do proxecto denominado "As túas mans salvan vidas" desenvolvido polo Concello de Culleredo desde a área de Sanidade.
A reforma do Edificio de Servizos Múltiples, centro neurálxico de actividade cultural e atención cidadá da zona urbana do municipio, encara a súa recta final. Os traballos, comezados na pasada primavera, seguen segundo o previsto e espérase un notable avance nos próximos dous meses.
As medidas contra o absentismo e o fracaso escolar constitúen unha prioridade nas políticas sociais e educativas do Concello de Culleredo. Esta aposta acaba de ter o recoñecemento do Ministerio de Educación e da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
O Concello de Culleredo finalizou o seu plan de acondicionamento de varias pistas deportivas descubertas e da pista cuberta de Castro. Trátase de instalacións moi frecuentadas polos veciños dos núcleos para a práctica deportiva e que necesitaban de diversos arranxos para incrementar as súas prestacións.
O relevante ano dedicado a Pablo Picasso na Coruña terá o seu espazo tamén en Culleredo. O Concello acollerá unha exposición colectiva da Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA) en homenaxe ao xenial pintor.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER