Seguridade Cidadá

A Policía Local estrea servizo de paisano localizando a unha muller que tiraba lixo na rúa Hersa

A Policía Local de Culleredo identificou a unha veciña do Burgo que depositaba o lixo na rúa Hersa, o que xeraba importantes molestias na zona. Unha patrulla de paisano comprobou que a maior parte dos veciños depositan de forma correcta o lixo nos colectores da avenida de Ribados.

Culleredo recibe ao novo xefe de Prevención de Delincuencia da Garda Civil do municipio

O Concello de Culleredo recibiu a visita institucional do novo brigada xefe da área de Prevención de Delincuencia da Garda Civil de Culleredo, Jorge Longueira. Foi recibido polo alcalde en funcións, José Ramón Riobóo, quen lle expresou os mellores desexos na súa nova andaina.

Culleredo imparte un curso a aspirantes a voluntarios de Protección Civil

O Concello de Culleredo imparte desde o sábado unha formación aos aspirantes a voluntarios de Protección Civil de diferentes agrupacións da provincia. A Axencia Galega de Seguridade demostra a confianza na labor dos efectivos municipais cullerdenses.

O Concello recomenda o uso da AP-9 e Terceira Rolda ante o corte do Portádego

O corte na Nacional 550, entre O Portádego e A Coruña, por motivo das obras no abastecemento  que executa Emalcsa derivou unha importante carga de tráfico á AC-211. O Concello recomenda o uso da AP-9 e da Terceira Rolda para dirixirse á cidade.

O Concello pon en marcha novas zonas de aparcadoiro exprés en Vilaboa e O Burgo

O goberno de Culleredo pon en marcha as novas zonas de aparcadoiro exprés creadas en Vilaboa e O Burgo. As prazas, marcadas en cor azul, comezaron a funcionar o 1 de agosto. Estas novas zonas azuis, de carácter totalmente gratuíto, créanse a petición dos comerciantes dado o bo funcionamento do plan piloto, propiciando a realización de xestións e compras rápidas.
 

O Concello prepara a ampliación das prazas para aparcar en Fonte da Balsa e Domingo Sierra

O goberno de Culleredo estuda a ampliación das prazas de estacionamento de vehículos en Fonte da Balsa e na rúa Domingo Sierra, en Vilaboa, para responder as necesidades de veciños de zonas con dificultades para aparcar. Desta forma, o Concello completaría o seu plan de mellora nos aparcadoiros de Vilaboa, que disporá así mesmo de parking exprés para facilitar as xestións ou compras rápidas.

O Concello e a Garda Civil impulsan un plan de seguridade polas festas de Vilaboa

Os corpos de seguridade montan un dispositivo especial con motivo das festas de Vilaboa. Policía Local, Protección Civil e a Garda Civil elaboraron un plan de seguridade coordinado e que conta coa presenza nocturna do Grupo Rural de Seguridade da Garda Civil. A Comisión de Festas valora o traballo continuado dos efectivos de seguridade para vixiar os festexos. O primeiro tenente de alcalde apunta a garantir a seguridade e a accesibilidade dos peóns como unha das "prioridades" do plan.

O goberno de Culleredo potencia a coordinación entre Policía Local e Garda Civil

O goberno municipal de Culleredo, a Garda Civil e a Policía Local mantiveron un encontro para reforzar a colaboración en materia de seguridade. O Concello considera fundamental, tanto para a prevención, como para o esclarecemento dos delitos, a coordinación dos Corpos e Forzas de Seguridade. Para iso celebraranse reunións semanais entre os responsables da Garda Civil e da Policía Local.

O goberno local potenciará un novo papel de atención cidadá nos voluntarios de Protección Civil

O goberno de Culleredo impulsará o papel da agrupación de voluntarios de Protección Civil para contribuír á seguridade do municipio. Os voluntarios contarán a diario cun cadro de tarefas que consistirán en apoiar aos funcionarios do corpo en todo momento, cun retén continuo, e con labores como a supervisión das zonas máis concorridas do municipio. O Concello dotaralles en breve con catro bicicletas equipadas con todo o necesario para primeiros auxilios.

O goberno de Culleredo creará unha unidade de motoristas na Policía Local para axilizar os servizos

O goberno de Culleredo traballa para continuar mellorando a atención en materia de seguridade cidadá para satisfacer as necesidades que presenta o municipio e os veciños. Nas próximas semanas, o goberno iniciará o proceso para a creación da unidade e a adquisición de previsiblemente 4 motocicletas de gran cilindrada. O traballo de patrullas en moto permitirá unha mellor mobilidade para os efectivos, con desprazamentos máis rápidos, sobre todo nas zonas urbanas.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina