O Concello colaborou coa Academia Galega de Seguridade no curso que se acaba de impartir na base de Protección Civil en Culleredo. Nesta ocasión, o obxectivo consistiu preparar aos efectivos para os labores de intervención ante accidentes de estrada.
A Policía Local de Culleredo conta desde agora cun parque móbil máis grande e con mellores prestacións. O Concello presentou de forma oficial os catro novos coches patrulla, que xa os axentes utilizan no seu traballo de seguridade polo municipio.
O salón de plenos do Concello de Culleredo foi o escenario do solemne acto de incorporación de 11 novos voluntarios a Protección Civil. Son 11 mozos veciños que deciden dedicar parte do seu tempo libre a colaborar coas forzas de seguridade no apoio e protección do cidadán.
Protección Civil crece en Culleredo. O Concello logra a incorporación de 11 novos voluntarios á agrupación, un número moi superior ao que se produce de forma habitual cada ano. Acaban de superar o curso básico de iniciación ao servizo, concedido pola Axencia Galega de Seguridade ao Concello.
O goberno de Culleredo segue apostando pola formación como camiño para garantir a calidade do servizo de Protección Civil. Neste caso, o curso básico de primeiros auxilios reuniu a un total de 26 voluntarios das distintas agrupacións da comarca.
O Concello de Culleredo pide aos veciños que adopten medidas preventivas para evitar unha posible estafa na revisión do gas. Segundo tivo coñecemento o Concello, nas pasadas datas tiveron lugar intentos de estafa desta forma na zona rural do municipio.
O goberno de Culleredo quere apostar de forma decidida por reforzar os servizos de seguridade cidadá no municipio. E o plan do Concello inclúe para este ano unha notable mellora dos equipamentos, con obxecto de potenciar o "Culleredo seguro", lema que locen desde hai semanas os vehículos da Policía Local cullerdense.
Ante o temporal, con alerta laranxa decretada, que se prevé para o venres 7 de febreiro, o Concello de Culleredo, tomará diferentes medidas para evitar riscos na poboación. Suspéndense actividades ao aire libre e pecharase o acceso a parques, carril bici ou pista de skate.
O goberno de Culleredo abre as rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte á entrada de vehículos para impulsar a actividade comercial da zona. Ambas as rúas converteranse en semipeoniis en horario de 9.00 a 21.00 horas para habilitar unhas novas prazas de aparcadoiro exprés que permitan aos cidadáns a realización de compras nos negocios locais.
O goberno de Culleredo leva a cabo un ambicioso plan de mellora da seguridade viaria na zona urbana do municipio. As actuacións empréndense despois de efectuar unha profunda revisión do estado das rúas, que concluíu cun conxunto de reparacións necesarias xa en marcha.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER