Igrexa de Santiago do Burgo

A construción deste templo está unida ao período de maior esplendor desta localidade. Varios acontecementos históricos motivaron o seu desenvolvemento durante a Idade Media converténdoa no centro económico e político da zona. Ao longo dos séculos IX e X sucedéronse as incursións normandas en toda a costa galega, fenómeno que provocou o abandono de moitas das vilas en favor de lugares máis protexidos no litoral. A antiga Brigantium romana (A Coruña) perdeu prácticamente toda a súa poboación que se trasladou ao fondo da Ría, ao Burgo de Faro.

O desenvolvemento económico e o carácter estratéxico na encrucillada de camiños, converteu ao Burgo nunha próspera vila instalándose e adquirindo propiedades os poderes eclesiásticos: mosteiro de Sobrado, igrexa de Santiago, Cabaleiros Templarios; e laicos como os Condes de Traba.

O desenvolvemento das peregrinacións xacobeas foi outro factor de importancia: os fieis, que procedentes do norte de Europa realizaban a viaxe por vía marítima, chegaban ao porto do Burgo para emprender a última etapa do seu traxecto a Santiago. Non é difícil reconstruír a visión da cidade medieval, un conxunto que debe ser reivindicado como tal e que comprendería as dúas igrexas románicas a ambos os dous lados da desembocadura do Río Mero e a ponte medieval que comunica ambas ribeiras, reconstruído pola Escola-Obradoiro Ponte do Burgo. Por desgraza a estrutura urbana desapareceu totalmente, pero conforma un interesante grupo monumental.

A igrexa de Santiago do Burgo é un dos monumentos máis significativos do concello. Foi construída a mediados do século XII, figurando en documentos de 1160 e 1181; a claridade das liñas arquitectónicas, e a perfección das proporcións, lévannos a pensar que foi un templo de categoría, que sobresaía dos demais construídos nas parroquias rurais da zona.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina