Organizado polo departamento de Igualdade do Concello de Culleredo que dirixe a concelleira Carmen Varela Corbelle, o día 9 de Outubro, ás 20.30 horas, no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Culleredo, haberá unha charla informativa sobre a "Marcha Mundial das Mulleres".
A Concellaría de Igualdade de Culleredo colabora coa Marcha Mundial das Mulleres, movemento internacional de acción feminista que reúne grupos e organizacións de base que traballan para eliminar as causas da pobreza e a violencia contra ás mulleres.
O día 19 de Outubro en Vigo convócase tamén unha Manifestación que recorrerá ás súas rúas, reivindicando os desexos chegados dos cinco continentes de cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo, e cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres. O Concello de Culleredo pon a disposición das mulleres e homes que desexen asistir autobuses. Para inscribirse poderán facelo no teléfono do Centro municipal de información á muller (CIM): 981.661208.
A rede feminista Marcha Mundial das Mulleres realiza cada dous anos o seu Encontro Internacional. Para o ano 2008, este encontro internacional terá como sede a cidade de Vigo e realizará actividades entre o 14 e o 21 de Outubro na Residencia de Encontro e Formación de Panxón.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER