O Concello de Culleredo inaugura este mércores 8 de marzo, Día da muller, ás 12,00h no Xardín Botánico a mostra itinerante “Nós somos elas” promovida pola Asociación Alexandre Bóveda e pola área de igualdade da Deputación da Coruña.
O Concello de Culleredo dedica este ano o Día da Muller (8 de marzo) ás artistas. O acto central da programación deseñada desde a Concellaría de Benestar renderá unha homenaxe especial á muller vinculada ás artes plásticas, que en moitos casos foi silenciada ao longo da historia.
O municipios de Galicia que contan cunha instalación de asistencia ás vítimas de violencia de xénero, entre os que se atopa o Concello de Culleredo, referendaron hoxe un acordo coa Xunta de Galicia para establecer unha coordinación que mellore o servizo de atención á cidadanía.
O Concello de Culleredo amplía a programación de actos para conmemorar o Día da Muller. Nesta ocasión, a proposta municipal enfocará a celebración ás mulleres artesás de Culleredo, baixo o título de "Enfiando camiños".
Culleredo homenaxeou ás mulleres deportistas do municipio con motivo da celebración do Día da Muller de 2015. Deportistas e clubs con seccións femininas participaron no acto organizado polo Concello e que se desenvolveu no salón de actos do Conservatorio municipal.
O Concello de Culleredo homenaxeará ás mulleres deportistas do municipio con motivo da celebración do Día da Muller de 2015. Deportistas e clubes con seccións femininas participarán no acto previsto para o venres ás 19.30 horas.
Con motivo da conmemoración do Día da Muller, o Concello de Culleredo deseño un conxunto de actos que buscan concienciar á poboación da “necesidade de seguir loitando polos dereitos das mulleres”. Así o explicou Penélope López, concelleira de Muller, que presentou o programa acompañada do alcalde de Culleredo, Julio Sacristán.
O Concello de Culleredo organiza o venres 7 a Cea do Día da Muller, acto que se celebra desde hai 18 anos coa finalidade de reafirmar o papel da muller na sociedade. As asociacións de mulleres tramitan a participación no evento.
O Concello de Culleredo conmemorou o Día Internacional contra a Violencia de Xénero mediante concursos de 'tweets' e de cuñas de radio, formas elixidas pola Concellaría de Muller para levar a cabo este ano a sensibilización e que acadaron a participación masiva de alumnos do IES Blanco Amor.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER