Homenaxe ás mulleres deportistas de Culleredo no Día da Muller

Culleredo homenaxeou ás mulleres deportistas do municipio con motivo da celebración do Día da Muller de 2015. Deportistas e clubs con seccións femininas participaron no acto organizado polo Concello e que se desenvolveu no salón de actos do Conservatorio municipal.

Recibiron a homenaxe as seguintes deportistas ou seccións femininas completas:

  • Fernanda Espiñeira (ciclismo e raids)
  • Leny López (fútbol sala)
  • Marta Lago (karting)
  • Mónica García (tiro con arco)
  • Sara García (taewkondo)
  • Zaira Vilariño (hípica)
  • Club Balonmano Culleredo
  • Club Baloncesto Culleredo
  • Club Agua Marina de natación sincronizada
  • CR Team ACT: Hípica
  • Sporting Burgo

As deportistas recibiron o recoñecemento de mans do alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, da concelleira de Benestar Social, Lupe Pombo, da concelleira de Muller, Penélope López, e do edil de Deportes, Miguel Suárez.

Sacristán felicitou a todas as homenaxeadas polo seu "esforzo e superación" no deporte e enxalzou o seu exemplo como triunfadoras nun mundo que por sorte cada vez é máis igualitario.

A música non faltou no evento tamén a cargo de mulleres: o dúo de saxofón e piano formado por Natalia Lodeiros e Mariña López, e a cantautora Bea a de Estrela.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina