O Concello de Culleredo prepara a tradicional celebración en defensa do papel da muller. Desde o ano 2012, as asociacións de mulleres cullerdenses retomaron a organización da tradicional Cea do Día da Muller, con motivo da súa conmemoración, celébrase desde hai 18 anos.
Este ano a cea-baile terá lugar o venres 7 de marzo ás 21.30 horas e será, como nas anteriores edicións, no Pazo de Vilaboa. O Concello informa de que son as propias asociacións as que fan as inscricións e recadan o diñeiro do evento (25 euros).
O prazo de inscrición remata o 4 de marzo. Os medios para anotarse son os seguintes:
O Concello de Culleredo quere animar a todos os veciños cullerdenses a asistir a este acto que está concibido para reafirmar o papel da muller en Culleredo e na sociedade en xeral. A concelleira de Sanidade e Muller, Penélope López, apunta que segue sendo moi necesario facer "un recoñecemento á loita diaria que levan as mulleres por conseguir unha igualdade efectiva".
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER