Culleredo participará o sábado, 23 de novembro, na II Andaina contra a Violencia de Xénero que organiza o Consorcio As Mariñas no paseo fluvial de Arteixo a partir das 10.30 horas. O Concello disporá autobuses para o transporte se existe demanda.
A conmemoración do Día Mundial da Muller Rural ten lugar o martes 15 en Culleredo cunha mostra de iniciativas femininas de éxito. O Concello pretende visibilizar diferentes experiencias de mulleres do municipio e da comarca.
O Centro de Información da Muller de Culleredo desenvolveu os talleres Playroomgirl III Edición Galicia
no IES Eduardo Blanco Amor. O alumnado de 3º da ESO participou en obradoiros sobre estereotipos de xénero. Agora, o seu resultado, en forma dunha serie fotográfica, expoñerase no Xardín Botánico de Culleredo ata o 12 de abril.
A tradicional Cea de Mulleres Cullerdenses pola Igualdade que, con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, se celebra deede hai 18 anos, terá lugar o día 8 ás 21.30 horas no Pazo de Vilaboa. Son as propias asociacións as que fan as inscricións e recadan os cartos, como data límite o mércores 6.
Durante os meses de novembro e decembro, o alumnado de 1º e 2º de Educación Secundaria do Instituto Educardo Blanco Amor de Culleredo, e o alumnado de 6º de E. Primaria do CEIP Ría do Burgo e 5º do Colexio A Ponte Pasaxe participaron nos obradoiros que a Concellaría de Igualdade organiza co propósito de promover valores igualitarios, de sensibilizar sobre a necesidade de correxir comportamentos e actitudes discriminatorias, sexistas e estereotipadas ainda existentes na actualidade.
O deporte culelrdense uniuse aos actos conmemorativos do 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero, promovidos desde o Concello. Os equipos de futbol cullerdenses Sofía Casanova e A Ponte Pasaxe colaboraron reivindicando un "Culleredo sen vitimas de violencia de xénero" nunha pancarta antes do comezo das competicións.
A compañía de teatro El Ruiseñor de Culleredo ofrecerá o sábado 24 de novembro a representación da obra "Cadenas", co gallo da celebración do Día contra a Violencia de Xénero. O acto será ás 20.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Entrada libre ata completar o aforo do auditorio do Concello de Culleredo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER