O Concello de Culleredo participará o sábado, 23 de novembro, na II Andaina contra a Violencia de Xénero que organiza o Consorcio As Mariñas. Centos de veciños dos nove municipios tomarán parte na iniciativa reivindicativa.
O goberno municipal anima aos veciños a acudir á andaina, que nesta ocasión celebrarase no paseo fluvial de Arteixo. O ano pasado percorreu os paseos de Cambre, Oleiros e Culleredo xunto á ría do Burgo.
A marcha comezará ás 10.30 horas. O Concello de Culleredo disporá autobuses para o transporte ata Arteixo se existe demanda. Os interesados poden contactar coa Concellería de Muller no número 981 654 570 ou no mail cim@culleredo.org.
PROGRAMA PREVISTO
10:00 – 10:30 h.- recepción dos participantes na Oficina de Turismo de Arteixo, situada na avenida principal de Arteixo, a carón do restaurante El Gallo de Oro.
Na parte posterior da oficina de Turismo hai unha ampla explanada onde poden aparcar todos os partIcipantes que acudan cos seus vehiculos particulares.
10:30 – 12:00 h.- Andaina polo Paseo Fluvial de Arteixo, cunha distancia aproximada de 5 km. O itinerario poderá varias en función das condicións climatolóxicas.
12:00 – 12:30 h.- Acto final da Andaina co seguinte contido:
COLABORAN:
GADIS - ASOCIACION SENDA VERDE – CLUB DE CALCETA
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER