A conmemoración do Día Mundial da Muller Rural, fixado pola ONU para o 15 de outubro, ten lugar en Culleredo cunha mostra de iniciativas femininas de éxito. O Concello pretende visibilizar diferentes experiencias de mulleres do municipio e da comarca para animar a sacar proveito das posibilidades do ámbito rural
O acto celebrarase este martes 15 ás 18.00 horas na reitoral de Celas de Peiro. As iniciativas que se exporán son as de:
O goberno de Culleredo quere dar a coñecer estas iniciativas e experiencias que se están desenvolvendo no concello ou na comarca para animar ás veciñas do rural a que valoren todas as posibilidades do seu medio. A concelleira de Sanidade e Muller, Penélope López, apunta a necesidade de visibilizar as vantaxes que ten o feito de vivir e traballar no rural, moitas veces infravaloradas ou descoñecidas.
López asegura que o rural ofrece posibilidades de emprendimiento, o que supoñen oportunidades de emprego e de desenvolvemento económico do territorio, fomentando así mesmo a igualdade de oportunidades.
Co Día da Muller Rural conmemórase a loita das mulleres por conseguir unha participación activa en todos os ámbitos da sociedade e, de maneira especial, no desenvolvemento sustentable, na produción e na seguridade alimentaria, así como tamén no coidado dos nenos e maiores.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER