A Concellaría de Igualdade do Concello de Culleredo inicia o ciclo de charlas: “E ti que contas?...” Esta actividade ten como obxectivo informar e orientar ás mulleres sobre determinadas problemáticas que lles afectan como colectivo, ademais de promover o empoderamento, sensibilizando sobre a necesidade de acadar máis cota de participación en foros de toma de decisión, tanto no ámbito privado como laboral e social.
A primeira actividade deste ciclo, está enmarcada no obxectivo de promoción da saúde, e terá lugar no Edificio Municipal de Servizos Múltiples, o vindeiro día 18 de abril, ás 19:00 horas, en colaboración coa Asociación de mulleres Rosalía de Castro.
A iniciativa contará como relatora con Rita López Cardalda, psicóloga da área de Benestar social, que abordará os cambios na menopausia.