Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Concellaría de igualdade do Concello de Culleredo organiza, como todos os anos, unha campaña de sensibilización social dirixida á comunidade cullerdense.
Ler máis:
Esta campaña vai orientada á concienciación e implicación do conxunto da sociedade no grave problema da violencia contra as mulleres. É por elo que o lema deste ano é: "A VIOLENCIA DE XÉNERO É O TEU PROBLEMA", e con el preténdese animar á cidadanía a non ser suxeitos pasivos e cómplices dun problema que case todos e todas temos preto de nós.
As actividades da presente campaña son de distinta índole: actividades educativas nos centros escolares, actividades reivindicativas e de repulsa, actividades formativas, manifestacións culturais e actividades informativas.
Co relato da veciña do 4º, que foi asasinada ante a pasividade familiar e veciñal cando sufría malos tratos reiterados, comeza o programa de actividades. Son as seguintes: VER PDF
1. "Ser muller non ten por que ser unha cruz": Obradoiros de prevención da violencia de xénero para mulleres.
Lugar: Centro social de Vilaboa.
Hora; 19:30 H.
Datas: 12 e 19 de novembro.
Duración: 4 horas.
Dirixido a: Mulleres de Culleredo.
2. Tertulia Radiofónica: "Recursos en Culleredo para a atención ás vítimas da violencia de xénero".
Lugar: Radio Culleredo, 101.20 Fm.
Hora: 11:00 horas.
Interveñen: Iria Rodríguez e Isabel Vázquez, profesionais do CIM de Culleredo.
Data: 20 de novembro.
3. O Deporte Cullerdense contra a violencia de xénero.
Descrición: Actos de repulsa no inicio de todos os eventos deportivos municipais.
Participan: Clube Balonmán Culleredo, Clube Baloncesto Culleredo, Agrupación Deportiva Sofía Casanova, Draco Clube Fútbol, Sporting Burgo, Portazgo Sociedade Deportiva, Olímpico de Rutis Clube Fútbol, Asociación Deportiva Culleredo, Clube Aerobic Culleredo, e Clube Cultural Deportiva e Social Xerfa.
Datas: 21, 22, e 23 de novembro.
4. III Seminario Formativo: "Avaliación da implantación das leis estatais e autonómicas en materia da violencia de xénero"
Lugar: Conservatorio Profesional de Música de Culleredo.
Hora: 16:30 H.
Dirixido a: Membros e forzas de seguridade e técnicos/as municipais na materia.
Docente: D. Miguel Figueira Bouza, maxistrado do Xulgado de Violencia de Xénero da Coruña.
Data: 24 de novembro.
5. Concentración de Repulsa e lectura do manifesto contra a violencia de xénero.
Lugar: Praza de Europa no Burgo.
Hora: 12:00 H.
Data: 25 de novembro.
6. II Festival da NON VIOLENCIA e POLA IGUALDADE
Lugar: Conservatorio Profesional de Música de Culleredo
Hora: 20:30
Data: 27 de novembro
7. Obra de teatro "Insumisión"
Organiza: Concellaría de Cultura
Lugar: Edificio de Servicios Múltiples
Hora: 20:30
Data: 28 de novembro.
8. Cursos de autodefensa persoa para mulleres.
Lugar: Centros sociais de Culleredo.
Hora: 20:00 H.
Dirixido a: Mulleres de Culleredo.
Datas: 3 e 4 de decembro.
9. "O amor non ten por que doer": Obradoiros de prevención da violencia de xénero para adolescentes.
Lugar: Centros de ensino público de Culleredo.
Hora: Xornada Escolar.
Drixido a: 3º, 4º da ESO, e 1º de Bacharelato.
Datas: Durante todo o mes de novembro e decembro.
Ver máis nos arquivos que se achegan
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
Cartel Violencia.pdf | 430.7 KB | |
Exterior_diptico.pdf | 452.8 KB | |
Interior_diptico.pdf | 328.16 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER