“Non estás soa, fala con nós”

Co lema: "Non estás soa, fala con nós"
Arranca no Concello de Culleredo a campaña 2009 conmemorativa do día Internacional da violencia de xénero

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Concellaría de igualdade do Concello de Culleredo organiza, como todos os anos, unha campaña de sensibilización social dirixida á comunidade cullerdense.

Esta campaña vai orientada á concienciación e implicación do conxunto da sociedade no grave problema da violencia contra as mulleres, este ano, con especial atención á poboación inmigrante.

O lema elexido é: "NON ESTAS SOA, FALA CON NÓS", e tenta lanzar unha mensaxe ás mulleres inmigrantes que están a sufrir situacións de violencia de xénero. Segundo as estatísticas, estas padecen o dobre de situacións que as mulleres galegas e españolas.

As actividades da presente campaña son de distinta índole: actividades educativas nos centros escolares, actividades reivindicativas e de repulsa, actividades formativas, manifestacións culturais e actividades informativas.

O programa de actividades é o seguinte:

TERTULIA RADIOFÓNICA: "Muller, inmigración e violencia de xénero"
DATA: 12 de novembro
LUGAR: Edificio Electo Carballo, Radio Culleredo
HORA: 11:00 horas
PONENTES: Liliana Rodrigues Mota, psicopedagoga da "Asociación pola integración social do inmigrante Mestura" de Culleredo, Isabel Vázquez Santiago, educadora social do departamento de igualdade do Concello de Culleredo e Marta Casal, traballadora social e responsable do programa ADA de mulleres inmigrantes do Concello de A Coruña

IV SEMINARIO FORMATIVO: "Violencia de xénero e inmigración"
DATA: 18 de novembro
LUGAR: Conservatorio Profesional de Música de Culleredo.
HORA: 10:00 a 14.00 horas
DIRIXIDO A: Profesionais municipais e cadro de persoal das forzas e corpos de seguridade do Estado.
MODERADORA-CONDUCTORA: Fátima Uzal Trigo, psicóloga do departamento de igualdade do Concello de Culleredo.
RELATORES: Pilar González, xefa do servizo de violencia de xénero da Subdelegación do Goberno en Galicia, Domingo Bayo, asesor xurídico-social do Concello de Culleredo e do Consorcio As Mariñas e José María Freire, coordinador do programa de prostitución e psicólogo de Médicos do Mundo
O DEPORTE CULLERDENSE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
DATAS: 21 e 22 de novembro
LUGAR: Instalacións deportivas do termo municipal
HORA: Durante toda a fin de semana
DIRIXIDO A: Cidadanía en xeral
COLABORAN: Concellaría de Deportes do Concello de Culleredo e clubes e entidades deportivas do Concello de Culleredo

CONCENTRACIÓN DE REPULSA E LECTURA DO MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
DATA: 25 de novembro
LUGAR: Praza Europa no Burgo
HORA: 12:00 horas
DIRIXIDO A: Cidadanía en xeral
COLABORAN: "Asociación de mulleres Rosalía de Castro", "Asociación de mulleres a Xeca", "Asociación de mulleres Alancada", "Asociación pola integración social do inmigrante Mestura", "Asociación socio-sanitaria Con Saúde" e "Asociación ALMA".
ACOMPAÑAMENTO MUSICAL: Joaquín García Soto, violonchelista e profesor do Conservatorio profesional de música de Culleredo

III FESTIVAL DA NON VIOLENCIA E POLA IGUALDADE
DATA: 26 de novembro
LUGAR: Salón de actos do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo
HORA: 20:00 horas
DIRIXIDO A: Cidadanía en xeral
PRESENTAN: Magdí López Lozada, periodista e mediadora intercultural.
PROGRAMA:
Vera Lyspak (poesía en ruso)
Nogaye Diagne Ep Mbengue (poesía en wolof)
Liliana Rodrigues Mota (poesía en portugués)
Poemario: "Mulleres do Mundo"

Coral de voces brancas de Culleredo: "Que canten los niños"

Canción gospel. Igrexa evanxélica Vida Nueva: "I still haven´t found what I´m looking for"

Adriana Beutel Cobos. Danza: "Caricias e carencias"

Xoán Curiel, cantautor: "Nai"

OBRADOIROS DE PREVENCIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO PARA ADOLESCENTES
"O amor non ten porque doer"
DATA: Ao longo do mes de novembro
DIRIXIDO A: 2º, 3º e 4º de ESO
LUGAR: IES Blanco Amor

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina