Organizada pola Concellaría de Igualdade, Culleredo celebrou o pasado 17 de novembro o IV Seminario sobre violencia de xénero que nesta edición tratou sobre inmigración e violencia de xénero. Os expertos puxeron de relevo que as mulleres inmigrantes sofren o dobre de situacións de violencia que as mulleres españolas, e debatiron sobre como mellorar os procedementos de asistencia e apoio e sobre mudar esta situación desde unha perspectiva preventiva.
Ao seminario, como noutras edicións, asistiron forzas e corpos de seguridade do estado, policías locais e profesionais de igualdade e servizos sociais. Contouse como ponentes coa participación de:
MODERADORA-CONDUCTORA:
Fátima Uzal Trigo, psicóloga do departamento de igualdade do Concello de Culleredo.
RELATORES:
Domingo Bayo, asesor xurídico-social do Concello de Culleredo e do Consorcio As Mariñas.
José María Freire, coordinador do programa de prostitución e psicólogo de Médicos do Mundo.
Pilar González, xefa de servizo de violencia de xénero da Subdelegación do Goberno en Galicia.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER