Organizada pola Concellaría de Igualdade e a de Deportes de Culleredo, este fin de semana todos os eventos deportivos de Culleredo e os deportistas que participen neles, lucirán un lazo que simboliza o rexeitamento da violencia de xénero.
A finalidade é a de involucrar ao mundo do deporte, como un canal esencial de transmisión de valores e de sensibilización, na necesidade de reflexionar sobre esta problemática social.
Dentro dos eventos deportivos que se comprometen con esta causa destacan: a colaboración da Copa de España de Ciclo-cross que se desenvolverá na mañá de hoxe sábado de 10:00 a 14:30 no recinto da Universidade Laboral e o encontro de fútbol aficcionado entre o Sporting de O Burgo e o Olímpico de Rutis o domingo 22 ás 18:30, aínda que na campaña colaboran todos os clubs deportivos do concello.
Para máis información:
Iosu López Agra. Pedagogo da área de educación, sanidade e igualdade do Concello de Culleredo.
Tfno. 638.053860
Responsable política da campaña:
Carmen Varela Corbelle. Concelleira de educación, formación e igualdade
Tfno. 639.640279
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER