Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 Co Lema: "Non Esquezamos, Os Menores...Tamén Sofren" Arranca No Concello De Culleredo A Campaña 2010 Conmemorativa Do Día Internacional Contra A Violencia De Xénero.

 

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Concellaría de igualdade do Concello de Culleredo organiza, como todos os anos, unha campaña de sensibilización social dirixida á comunidade cullerdense.

Esta campaña vai orientada á concienciación e implicación do conxunto da sociedade do grave problema da violencia contra as mulleres. Este ano centrará a súa atención nos menores que tamén son vítimas.

O programa de actividades é o seguinte:

ACTIVIDADES DA CAMPAÑA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2010:

Denominación da campaña

Campaña Contra a Violencia de Xénero 2010:

"Non esquezamos: os menores...tamén sofren"

 

Datas de desenvolvemento da campaña

Do 1 ao 30 de novembro de 2010

Finalidade da campaña

Sensibilizar e concienciar á comunidade de Culleredo sobre a violencia de xénero que padecen as mulleres e a repercusión que tamén ten para os menores.

Fundamentación

A campaña pretende evidenciar a necesidade de buscar estratexias de cara a prevención e intervención cos menores que están a vivir situacións de violencia no fogar ou que incluso as padecen. Estímase que en España existen uns 800.000 menores que viven nun entorno de violencia de xénero, e no que vai de ano morreron 13 menores por esta causa.

ACTIVIDADE 1: V SEMINARIO FORMATIVO:

 "Violencia de xénero e menores: cómo actuar?"

Data da actividade

9 de novembro

 

Descrición

O obxectivo deste seminario é o de formar ós traballadores e ás traballadoras municipais que están exercendo neste ámbito, e o cadro de persoal das corpos e forzas de seguridade con actuación na comarca, sobre os protocolos e pautas a levar a cabo con menores que sofren situacións de violencia de xénero.

Lugar

Biblioteca do Conservatorio profesional de Música de Culleredo

Horario

De 10:00 a 14:00h

Dirixido a

Profesionais municipais e cadro de persoal das forzas e corpos de seguridade do Estado.

Participan

PRESENTACIÓN:

Carmen Varela Corbelle, Concelleira de educación, igualdade e formación

MODERADORA-CONDUCTORA:

Fátima Uzal Trigo, Psicóloga do departamento de igualdade do Concello de Culleredo.

RELATORES:

Julia Conde García. Sarxento do EMUME da Garda Civil

Juan M. Alonso Álvarez. Coordinador de seguridade cidadá e protección civil do Concello de Culleredo

Susana Mahía López. Psicóloga do Centro de menores de Palave

 ACTIVIDADE 2: CONTACONTOS COEDUCATIVOS

Data da actividade

12 de novembro

Lugar

Salón de actos do Conservatorio profesional de música de Culleredo

Hora

10:00 h

Dirixido a

Alumnos/as do CRA de Culleredo

ACTIVIDADE 3: DEBATE RADIOFÓNICO:

 "Violencia de xénero e menores: impacto, consecuencias e apoios "

Data da actividade

18 de novembro

Descrición

Debate sobre as repercusións e os apoios para casos de menores que están a vivir ou padecer situacións de violencia de xénero.

Lugar

Radio Culleredo. Edificio Electo Carballo en O Portádego

Hora

11:00 h

Participan

PONENTES:

Representante da Fundación Meniños

Fátima Uzal Trigo, Psicóloga do departamento de igualdade do Concello de Culleredo.

Montserrat Iglesias López, educadora social do "proxecto de atención á diversidade cultural e integración de menores que se atopan en centros de acollemento"

Fco Javier García Montero, garda civil do posto de Oleiros.

 ACTIVIDADE 4: ACTIVIDADE DE REPULSA

"O deporte cullerdense contra a violencia de xénero"

Data da actividade

20 e 21 de novembro

Descrición

Actos de repulsa no inicio de todos os eventos deportivos municipais. Os equipos amosarán ó inicio unha pancarta de repulsa da violencia de xénero e cada deportista lucirá un lazo contra a violencia de xénero nas camisetas perante as competicións.

Lugar

Instalacións deportivas do termo municipal

Hora

Durante toda a fin de semana

Colabora

Concellaría de deportes

ACTIVIDADE 5: ACTIVIDADE DE REPULSA

Concentración de repulsa e lectura do manifesto

contra a violencia de xénero

Data de desenvolvemento da actividade

25 de novembro.

Descrición

Convocarase á cidadanía en xeral, na Praza de Europa do Burgo, a unha concentración e lectura dun manifesto en repulsa da violencia de xénero.

Lugar

Praza Europa no Burgo

Hora

12:00 horas

Lectura do manifesto a cargo de

Miguel Pena Rojas, director do IES Cruceiro Baleares

Acompañamento musical

Joaquín García Soto, Violonchelista e profesor do Conservatorio profesional de música de Culleredo

ACTIVIDADE 6: "IV FESTIVAL DA NON VIOLENCIA E POLA IGUALDADE"

Data da actividade

25 DE NOVEMBRO

Lugar

Salón de actos do conservatorio profesional de música.

Hora

20:00 h

Dirixido a

Cidadanía en xeral

ACTIVIDADE 7: TEATRO DE REPULSA

"El testigo". Compañía de Teatro y Danza El Ruiseñor

Dirixe: Susana Crespo Portas

Data da actividade

27 de novembro

Lugar

Salón de actos do conservatorio profesional de música.

Hora

21:00 h

Dirixido a

Cidadanía en xeral (entrada gratuíta)

ACTIVIDADE 8 OBRADOIROS DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO PARA ADOLESCENTES: "O Amor non ten por que doer"

Data de desenvolvemento da actividade

Ao longo do mes de Novembro

Descrición

Actividades para propiciar a reflexión e a toma de conciencia nas mozos/as sobre as capacidades e posibilidades de detección e intervención en situacións de violencia de xénero.

Lugar

I.E.S Eduardo Blanco Amor  e I.E.S Cruceiro Baleares

Dirixido a

2º, 3º, 4º de ESO e ESA e PCPIs

Para máis información ver os arquivos que se achegan.

 

Vista previaAdxuntoTamaño
Cartel violencia de xénero878.79 KB
2. Proposta DIPTICO 25 NOVEMBRO.pdf348.59 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina