Encontro de mulleres do rural en Celas

 

Centro de Información ás Mulleres de Culleredo celebra o venres 21 de outubro o Día Internacional da Muller Rural. A Concellaría de Igualdade pretende que efectuar un percorrido pola vida de mulleres de distintas xeracións do municipio polo que organiza o "I Encontro de mulleres do rural de Culleredo: unha perspectiva interxeracional".

Para o acto contarase con Ana Belén Magariños de Orro, Elena Feal de Vinseira, e Manuela Arcas de Boedo que participarán na mesa moderada por Fátima Uzal, directora do Centro de Información á Muller (CIM).

Ademais, Carlos Pereira, historiador do Concello de Culleredo falará da evolución histórica do rural no noso concello, e a poetisa Maribel Ortiz deleitaranos con un pequeno recital poético acompañada  do trío de guitarras de alumnas do Conservatorio Profesional de Música de Culleredo, composto por Inés Pérez Pardevila, Ivana Francos Abad e Paula Iglesias García..

O acto celebrarase na Casa Reitoral de Celas o día 21 de outubro ás 19:30 horas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina