Dentro do programa de traballo 2012 do Centro municipal de información á muller (CIM), a Concellaría de Igualdade dirixida pola nacionalista Rocío Sampedro, organiza os primeiros obradoiros Enredadas 2.0, cursos básicos de iniciación ao uso de internet, correo electrónico e redes sociais.
A actividade ten como obxectivo o de facilitar e incrementar o uso das TICs no colectivo de mulleres, ao mesmo tempo que fomentar a súa visibilidade en internet grazas ao uso de ferramentas 2.0. Deste xeito preténdese contribuír a diminuír a brecha dixital entre mulleres e homes, proporcionándolles a elas uns coñecementos básicos.
As destinatarias da iniciativa son mulleres, maiores de 25 anos, empadroadas en Culleredo, en situación de desemprego, e con mínimos coñecementos de informática.
A organización dos obradoiros desenvolverase do seguinte xeito:
Obradoiro 1: Xornada de mañá
Lugar: Aula de informática do Centro de servizos sociais de Vilaboa, edificio Mirador
Nº prazas: 10
Datas e horario: 6, 8 e 13 de febreiro en horario de 11:30 a 13:00 horas
Obradoiro 2: Xornada de tarde
Lugar: Aula de informática do Centro de servizos sociais de Vilaboa, edificio Mirador
Nº prazas: 10
Datas e horario: 7, 9 e 14 de febreiro en horario de 17:30 a 19:00 horas
As clases serán impartidas polo docente Juan Montull, especialista en formación no ámbito das TICs, e terán un carácter gratuíto. As inscricións faranse no Centro de información á muller (CIM), na Costa da Lonxa nº 7 en O Burgo, e a información facilitarase no teléfono 981 663 922.