O Concello de Culleredo dedica o Día Mundial da Muller Traballadora deste ano, o 8 de marzo, á defensa dunhas condicións laborais dignas. Así, a Concellaría de Igualdade ten como lema da súa campaña “Muller: no traballo dignidade”.
Con esta perspectiva, o Centro de Información á Muller de Culleredo quere aproveitar o 8 de marzo para dar a coñecer a nova normativa que regula o emprego doméstico, sector de emprego onde os postos son ocupados nun 95% por mulleres, e que ata agora carecían da máis mínima garantía de dereitos laborais, constituíndo un dos ámbitos de emprego máis precarizados.
A actividade prevista o día 8 é a seguinte:
Charla informativa: “Emprego doméstico: a nova regulación”
Relator: Domingo Bayo Rodríguez, asesor xurídico do Concello de Culleredo
Lugar: Pazo Vila Melania
Data: 8 de marzo; Hora: 19:00
Destinatarios: empregadas de fogar, empregadores/as e cidadanía en xeral.