Convocatoria e Bases da convocatoria do proceso selectivo para a formación dunha lista de substitución de psicólogo/a (persoal funcionario interino)
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria celebrada o día 05 de xuño de 2017 aprobou a convocatoria e as bases da convocatoria do proceso selectivo para a formación dunha lista de substitución de psicólogo/a (persoal funcionario interino).
A presente convocatoria rexerase pola citadas bases aprobadas na Xunta de Goberno Local de 05 de xuño de 2017 e polas Bases xerais para a selección de persoal funcionario interino e persoal laboral temporal, mediante listas de substitución e que se publican nesta páxina web como documento anexo.
O prazo para a presentación das solicitudes será de dez días naturais, desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Prazo presentación solicitudes. No BOP do 21 de xuño de 2017 (núm. 116), publicouse o anuncio desta convocatoria. O prazo para a presentación de solicitudes será dende o 22 de xuño ao 03 de xullo de 2017, ambos inclusive.
Lista provisional de admitidos e excluídos. Rematado o prazo de presentación de instancias, apróbase a lista provisional de admitidos e excluídos. Concédese un prazo de 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio das listas provisionais no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello (do 17 ao 23 de outubro de 2017) co fin de emendar o defecto que motivou a non admisión.
Lista definitiva de admitidos e excluídos. Unha vez rematado o prazo establecido, a lista provisional elévase a definitiva.
Cualificación do proceso selectivo. De acordo co establecido na base 5.3 das bases da convocatoria, publícase a valoración dos méritos acreditados, ordenado por orde de puntuación dos/as aspirantes.
Establécese un prazo de 10 días naturais, a contar dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de anuncios do Concello de Culleredo, para a presentación de posibles reclamacións. (Do 21 ao 30 de xullo de 2018 ambos inclusives)
Recóllese no documento “Anuncio resultados valoración de méritos.pdf”
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER