Culleredo conta desde novembro cunha notaría despois de que a última pechara en 1936

Culleredo conta desde novembro cunha notaría. Tras sucesivas peticións por parte do goberno local, o municipio conta desde este mes cunha notaría que, de forma provisional, abriu as súas portas na Manuel Azaña número 5-9ºD, ata que non finalicen as obras de acondicionamento doutro local situado na mesma rúa. A titular da notaría é María de la Cruz Nieto Peñamaría, quen ata o de agora tiña a súa praza en Asturias.

A Dirección de Rexistros e Notarías tardou practicamento tres anos na creación e posta en funcionamento desta notaría. É a primeira coa que conta desde que no 1936, como consecuencia da Guerra Civil, desaparecera a notaría que había no Burgo.

Con anterioridade, desde 1790 a 1849, Culleredo contou con escribáns por nomeamento real que actuaron sucesivamente en Celas, Alvedro e O Burgo. A última petición oficial realizada polo goberno local foi en xullo de 2003. Naquel momento o Concello solicitou á Dirección Xeral a creación da notaría no municipio tendo en conta o aumento de poboación e que a veciñanza tiña que desprazarse ata municipios veciños como Arteixo, Oleiros e A Coruña para acudir ás súas respectivas notarías.

 

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina