Éxito de participación nos campamentos para a mocidade do Concello

Os mozos de Culleredo tamén tiveron os seus propios campamentos, organizados polo Concello. O venres clausuráronse as actividades, nun acto que tivo lugar no IES Rego de Trabe coa asistencia do concelleiro de Deportes e Xuventude, Miguel Suárez.

O cantautor Pepe Piña ofrece un concerto o venres no auditorio de Servizos Múltiples

O Concello de Culleredo continúa coa súa programación cultural gratuíta. Este venres, 14 de xullo, o cantautor Pepe Piña ofrecerá un concerto no auditorio do Edificio de Servizos Múltiples. Será ás 20.30 horas, con entrada libre.

O Verán Movidiño de Culleredo propón clases de ximnasia ao aire libre no verán

Non haberá escusas en Culleredo para porse en forma aproveitando o bo tempo. O Concello activa o seu programa "Verán movidiño", con clases de ximnasia ao aire libre desde este luns 10 de xullo ata o 30 de setembro.

Gran Feirón de Vila Melania

Data : 
08/07/2017 (Todo o día) - 09/07/2017 (Todo o día)

I VilaboaRock

Data : 
06/07/2017 - 21:30

Concerto de Pepe Piña

Data : 
14/07/2017 - 20:30

O Gran Feirón encherá Villa Melania de cativos o sábado e domingo

O sábado 8 e domingo 9 de xullo as cativas e cativos de Vilaboa e de toda a comarca teñen unha magnífica oportunidade para divertirse e aprender da man de todas as actividades que se organizan no Gran Feirón de Villa Melania.

O Concello inicia a remodelación do polideportivo de Vilaboa

O Concello de Culleredo acaba de comezar unha das súas principais actuacións para este verán: a remodelación do polideportivo municipal de Vilaboa, situado no recinto do CEIP Sofía Casanova. A instalación precisa dunha importante modernización xa que se foi deteriorando co paso dos anos e ese é precisamente o obxectivo do proxecto.

A praza da Igrexa acolle a primeira edición do VilaboaRock

O Concello de Culleredo, coa colaboración da Deputación da Coruña, organiza hoxe xoves, 6 de xullo, a primeiro edición do VilaboaRock. O festival celebrarase na praza da igrexa a partir das 21.30 horas. O cartel estará formado pola Banda del Camión, Riff Raff e Metal Tribute.

Sorteo de prazas para o campamento de verán da Deputación da Coruña

O Concello de Culleredo informa de que o sorteo das prazas para participar no campamento deportivo de verán da Deputación da Coruña terá lugar o luns 10 de xullo ás 10.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo (sala de vídeo).

Será un acto público.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina